Segundo poemario do autor B.C. Cabaleiro, que comprende a poesía que escribiu entre xullo de 2015 e febreiro de 2016. O seu contido forma unha triloxía de tres unidades poéticas:
A Luz que Brilla na Escuridade, con oito poemas, conta unha curta relación amorosa a distancia.
A Nova Sombra, tamén oito poemas, serve como continuación temática do anterior poemario Entre Ninfas e Súcubos, centrándose novamente nas preocupacións e a visión do mundo do autor.
Inmarcesible, formado por tres poemas, repite o recurso de rematar a obra con poemas longos divididos en capítulos, a crítica social, o existencialismo e o surrealismo ábrense paso aquí.