O 21 de Xuño do ano 2051 produciuse unha xigantesca explosión nas instalacións do CERN, Suíza, denominada a Caída. A maioría de Xenebra colapsou formando a Fenda; e un novo tipo de radiación estendeuse por todo o mundo causando a aparición de humanos con habilidades extraordinarias, denominados extras.
Eu, xunto os meus compañeiros do bacharelato especial STEM do IES Xelmírez II volvémonos extras un mes antes daquel incidente, tras a nosa visita ao CERN; e agora a vémonos obrigados a sucumbir á nosa natureza extra, propagando o medo e a violencia para sobrevivir.